A paz. ¿Algo que se poderá conseguir algún día? Verdadeiramente non o sei, aínda que se o pensamos non sería tan difícil non? Pensa: se non houbese guerras, o 75% da paz estaría conseguida. Pero agora pregúntome, ¿Qué raios se lles pode pasar pola cabeza a algunhas persoas para matar xente sen contemplacións? ¿Qué pretenden? ¿Conseguir máis diñeiro? ¿Acaso non lles chega co que teñen? Todos ese países que están en guerras, que o único que fan é matarse entre eles, son en gran parte os culpables de que neste mundo no que vivimos non poidamos vivir sen maldade…
Pero hai outro tipo de Paz que a min persoalmente é a que verdadeiramente me importa: A Paz Cun Mesmo. Si, esa paz que moita xente non é capaz de conseguir; esa paz que ás veces pensamos que non pode existir, pero só é cuestión de buscala. Mira ó teu arredor. Seguro que tes unha familia que te quere, amigos que te queren tamén, ¿que máis podes pedir? Eu con iso xa son feliz. Con iso xa teño a paz que preciso para selo.
Cando escoites a palabra Paz, intenta ver máis alá de “NON guerras”, non terrorismo, etc etc. Iso e algo moi complicado que nós non podemos facer moito por cambialo, pero si pola paz interior. ¿Tamén é un tipo de paz non?
A min con esa Paz chégame para ser feliz… ¿a ti?
Aida Alonso Pérez
viernes, 14 de marzo de 2008
VACACIÓNS
A GRAN CHEGADA DAS VACACIÓNS
Canto tempo querendo dicir isto,e por fin ¡¡¡¡¡¡chegaron!!!!!!
Romper coa rutina..
Non madrugar....
Saír máis amiúdo...
Non aturar o profesorado...
Non estudiar...
Non escribir....
Non ler...
Non aguantar o "bo compañeirismo" desta a nosa clase...
E sobre todo ser LIBRES!!!!
Estas vacacións van ser un desmadre aínda que volvamos pronto e maís cansos do que nos vamos, porque agora chega a FESTA!!!!!
Tamén somos conscientes que despois desta paréntese espéranos o peor, un trimestre moito máis duro pero moi decisivo nos nosos destinos, por iso non o ímos desaproveitar. Deixemonos de lerias xa que para nós as vacacións xa comezaron.
BBBBBBBBBIIIIIIIIIICCCCCCCCCCCOOOOOOOOOOOOOOSSSSSSSSSSS
dE: Uxía ó cuadrado (O clon das Uxías vaíse de festa)xD

As vacacións de Semana Santa
Hoxe é o último día do segundo trimestre no noso centro escolar, xa que a partir de mañá comezan as vacacións de semana santa, que todos os alumnos e profesores temos moi merecidas polo gran esforzo que realizamos os días laborables, nós estudiando e traballando, e os profesores aguantándonos e impartindo clase.
Este ano as vacacións duran moito máis ca outros anos xa que as comezamos o día 14 e rematámolas o día 25, isto permítenos facer unha viaxe un pouco máis longa, descansar na nosa cidade, disfrutar das nosas aldeas galegas...
A Semana Santa na nosa terra non é como en Andalucía por exemplo, alí estes días vívense con moita máis paixón, alí é moi diferente que aquí, xa que poderíamos dicir que para nós son unhas vacacións máis do ano, e para Andalucía son algo máis especiais... A xente é moi relixiosa e vive as procesións con moita paixón, e isto en Galicia non pasa, haber hai procesións, pero... non é o mesmo. Eu non son adepto da relixión e non acudo a estas procesións, de pequeno quizais acudín a algunha destas procesións, nas que se levan as palmas douradas. Nesta semana, só observo de especial o detalle dos ovos de pascua e que a xente marcha de vacacións por aí...
Jacobo Álvarez Moreira

Diario dun corpo aberto
Estou tirada na cama, chorando. Chorando dunha maneira que ata eu mesma me asusto. levaba semanas con isto dentro e non podía máis...
1º día: Sentada no sofá vendo a televisión. Estou soa na casa. Sempre me deu un pouco de medo iso, pero esa noite, foi demasiado. De súpeto, sentín alguén respirar. Por un momento pensei que podía ser eu mesma, pero parei de respirar e apaguei o televisor e ese son seguía, e parecía que cada vez se facía máis forte. Tapeime cunha manta que tiña ó meu carón, quizáis porque tiña medo de que alguén me mirase. ¿Pero quen?
2º día: Tamén no salón, vendo a televisión. Soa outra vez... Esta vez xa non aguantei máis e rompín a chorar. Sentín que alguén se sentaba ó meu carón. Non vos podendes nin imaxinar o que se sente ó saber que ó teu lado hai alguén e por máis que pasas a man polo aire e polo sofá non sentes absolutamente nada...
E así pasaron días e días, semanas e semanas, e cada día a miña angustia ía a máis. Comecei a ver puntos vermellos e laranxas que desaparecían de súpeto. Puntos insignificantes, seino, pero que soamente eu vía...
Conteillo á miña tía, ela explicoume qué era o que me estaba a pasar: Era un "corpo aberto". Ela tamén o é, e sabe polo que se pasa. Contoume que ela de nena vía mulleres vellas vestidas de branco enriba do seu gardarroupa.
Ten unha amiga que é o que a xente que non cre en nada disto chamaría "Bruxa". Ela fíxome unhas "proteccións". Dende entón, enriba da miña cama teño un crucifixo, debaixo da cama unha copa con auga cunha pedra de raio, e levo sempre comigo unha especie de bolsiña vermella e negra.
Quizais todo isto non serve para nada, ou quizais agora estou ben grazas a iso... non o sei... o único que sei, e do que estou completamente segura... é de que hai alguén máis entre nós... e podo apostar a que mentres estás a ler este artigo, aínda que ti creas que estás só, case seguro que hai alguén máis aínda que ti non o poidas ver...
Non che pido que creas en todo o que eu creo... simplemente pídoche que creas en min...

Suscribirse a:
Entradas (Atom)