viernes, 14 de marzo de 2008

Diario dun corpo aberto

Estou tirada na cama, chorando. Chorando dunha maneira que ata eu mesma me asusto. levaba semanas con isto dentro e non podía máis...

1º día: Sentada no sofá vendo a televisión. Estou soa na casa. Sempre me deu un pouco de medo iso, pero esa noite, foi demasiado. De súpeto, sentín alguén respirar. Por un momento pensei que podía ser eu mesma, pero parei de respirar e apaguei o televisor e ese son seguía, e parecía que cada vez se facía máis forte. Tapeime cunha manta que tiña ó meu carón, quizáis porque tiña medo de que alguén me mirase. ¿Pero quen?

2º día: Tamén no salón, vendo a televisión. Soa outra vez... Esta vez xa non aguantei máis e rompín a chorar. Sentín que alguén se sentaba ó meu carón. Non vos podendes nin imaxinar o que se sente ó saber que ó teu lado hai alguén e por máis que pasas a man polo aire e polo sofá non sentes absolutamente nada...

E así pasaron días e días, semanas e semanas, e cada día a miña angustia ía a máis. Comecei a ver puntos vermellos e laranxas que desaparecían de súpeto. Puntos insignificantes, seino, pero que soamente eu vía...

Conteillo á miña tía, ela explicoume qué era o que me estaba a pasar: Era un "corpo aberto". Ela tamén o é, e sabe polo que se pasa. Contoume que ela de nena vía mulleres vellas vestidas de branco enriba do seu gardarroupa.

Ten unha amiga que é o que a xente que non cre en nada disto chamaría "Bruxa". Ela fíxome unhas "proteccións". Dende entón, enriba da miña cama teño un crucifixo, debaixo da cama unha copa con auga cunha pedra de raio, e levo sempre comigo unha especie de bolsiña vermella e negra.

Quizais todo isto non serve para nada, ou quizais agora estou ben grazas a iso... non o sei... o único que sei, e do que estou completamente segura... é de que hai alguén máis entre nós... e podo apostar a que mentres estás a ler este artigo, aínda que ti creas que estás só, case seguro que hai alguén máis aínda que ti non o poidas ver...

Non che pido que creas en todo o que eu creo... simplemente pídoche que creas en min...





Aida Alonso Pérez

No hay comentarios: