viernes, 14 de marzo de 2008

As vacacións de Semana Santa

Hoxe é o último día do segundo trimestre no noso centro escolar, xa que a partir de mañá comezan as vacacións de semana santa, que todos os alumnos e profesores temos moi merecidas polo gran esforzo que realizamos os días laborables, nós estudiando e traballando, e os profesores aguantándonos e impartindo clase.
Este ano as vacacións duran moito máis ca outros anos xa que as comezamos o día 14 e rematámolas o día 25, isto permítenos facer unha viaxe un pouco máis longa, descansar na nosa cidade, disfrutar das nosas aldeas galegas...
A Semana Santa na nosa terra non é como en Andalucía por exemplo, alí estes días vívense con moita máis paixón, alí é moi diferente que aquí, xa que poderíamos dicir que para nós son unhas vacacións máis do ano, e para Andalucía son algo máis especiais... A xente é moi relixiosa e vive as procesións con moita paixón, e isto en Galicia non pasa, haber hai procesións, pero... non é o mesmo. Eu non son adepto da relixión e non acudo a estas procesións, de pequeno quizais acudín a algunha destas procesións, nas que se levan as palmas douradas. Nesta semana, só observo de especial o detalle dos ovos de pascua e que a xente marcha de vacacións por aí...

Jacobo Álvarez Moreira

No hay comentarios: