viernes, 14 de marzo de 2008

A Paz

A paz. ¿Algo que se poderá conseguir algún día? Verdadeiramente non o sei, aínda que se o pensamos non sería tan difícil non? Pensa: se non houbese guerras, o 75% da paz estaría conseguida. Pero agora pregúntome, ¿Qué raios se lles pode pasar pola cabeza a algunhas persoas para matar xente sen contemplacións? ¿Qué pretenden? ¿Conseguir máis diñeiro? ¿Acaso non lles chega co que teñen? Todos ese países que están en guerras, que o único que fan é matarse entre eles, son en gran parte os culpables de que neste mundo no que vivimos non poidamos vivir sen maldade…

Pero hai outro tipo de Paz que a min persoalmente é a que verdadeiramente me importa: A Paz Cun Mesmo. Si, esa paz que moita xente non é capaz de conseguir; esa paz que ás veces pensamos que non pode existir, pero só é cuestión de buscala. Mira ó teu arredor. Seguro que tes unha familia que te quere, amigos que te queren tamén, ¿que máis podes pedir? Eu con iso xa son feliz. Con iso xa teño a paz que preciso para selo.

Cando escoites a palabra Paz, intenta ver máis alá de “NON guerras”, non terrorismo, etc etc. Iso e algo moi complicado que nós non podemos facer moito por cambialo, pero si pola paz interior. ¿Tamén é un tipo de paz non?


A min con esa Paz chégame para ser feliz… ¿a ti?











Aida Alonso Pérez

No hay comentarios: