viernes, 16 de mayo de 2008

Tradurban

O pasado día 13 de maio de 2008, tivemos a gran sorte de poder acudir a un concerto organizado pola conselleira de educación da Xunta de Galicia.

O grupo, chamado "Tradurban", estaba formado por 6 compoñentes e cada un deles tocaba un instrumento diferente... Zanfona, gaita, arpa, violín, pandereta, etc. Este grupo tiña o propósito de acercarnos un pouco máis a música folk, o que eu creo que conseguiron, xa que conseguiron poñer o público en pé e facer que os voluntarios se apuntaran a tocar algúns dos instrumentos.

Este concerto penso que foi unha gran experiencia que nos achegou máis a este tipo de música grazas aos artistas, e penso que a todos nos gustou.

Dende aqui pedir a conselleira, que organice máis concertos deste tipo, xa que son experiencias boas e con isto poderemos descubrir novos tipos de música ou se cadra descubrir o grupo do que nos faremos fan nº1.

viernes, 9 de mayo de 2008

Día das Letras Galegas

Dende fai moitos anos, o día 17 de maio coñécese, en Galcia, como o Día das Letras Galegas. Celébrase este día xa que o 17 de maio de 1863 publicouse o libro Cantares Gallegos, escrito por Rosalía de Castro.

O encargado de elixir cada ano a un escritor ou a unha escritora ao que adicarlle o Día das Letras Galegas é a Real Academia Galega. Para que un escritor ou escritora sexa o elexido ten que cumprir a condición de que no ano da súa conmemoración se cumpriran dez ou mais anos do seu falecemento.

A Real Academia Galega é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promocionaa. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. Dende decembro de 2001 o seu presidente é Xosé Ramón Barreiro Fernández

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Xosé María Álvarez Blazquez

Acoso escolar

1.¿Que é o Acoso Escolar?

O Acoso Escolar é o maltrato físico e/o psicológico que recibe un rapaz por parte de outro ou outros, que compórtanse con el cruelmente co obxetivo de sometelo e asustalo, para obter algún resultado favorable para os acosadores; ou simplemente para satisfacer a necesidade de agredir e destruír que estes adoitan presentar. O Acoso Escolar implica unha repetición continuada das burlas ou das agresións e poden provocar a exclusión social da víctima.



2.Obxectivos do Acoso Escolar:

O obxectivo do acosador é “intimidar, reducir e someter” tanto emocional como intelectualmente á víctima, para poder sentirse superior ós demáis. En ocasións, o rapaz que desenvolve conductas de acosa cara outros busca obter recoñecemento, do carece. Con moita frecuencia o rapaz que acosa atópase rodeado dun grupo de acosadores que se suman á disputa.



3.Características:

- Adoita incluir conductas de diversas naturazas (ameazas, burlas, agresións físicas…)

- Tende a originar problemas que se repiten e se prolongan durante certo tempo.

- Adoitan provocarse por un alumno, apoiado por un grupo, contra unha víctima que se encontra indefensa.

- Normalmente hai un grupo de persoas cunha certa ignorancia e pasividade que rodean os agresores e as víctimas sen intervir directamente.

- A víctima desenvolve medo, rechazo, pérdida de confianza en si mesmo e nos demais e disminución do rendemento escolar, según a violencia que sufra.

- Disminúe a capacidade de compresión moral e de lástima do agresor, e reforzase dun estilo violento.

- Nas persoas que observan a violencia sen facer nada para evitala, prodúcese falta de sensibilidade, lástima e insolidaridade.




4.Tipos:

Principalmente existen dúas formas de Acoso Escolar:

- Directo: É a forma máis común entre os nenos ( pelexas e agresións físicas)

- Indirecto: Adoita ser máis común nas nenas, en xeral a partir da adolescencia. Caracterízase por pretender o aillamento social do individuo. Este aillamento conséguese mediante técnicas variadas que inclúen: difundir rumores, ameazar aos amigos, facer críticas da persoa...

Por iso o maltrato entre compeñeiros pode aparecer de formas moi diversas, as máis comúns son:

- Verbales: Tales como insultos, motes, falar mal de alguén, rumores...

- Psicolóxicas: Ameazas para lograr algo da vítima, para exercer poder sobre ela.

- Agresións físicas: Pelexas, palizas...

- Aillamento social: Marxinando, ignorando a súa presencia...




5. Causas:

Na nosa sociedade existen certos factores de risco,0 que poden provocar este comportamento:

 Familia:
A través dela adquírense os primeiros modelos de comportamento, que teñen unha gran influencia no resto de relacións do rapaz. Coa violencia familiar poden aprender a ver o mundo como si so existiran dous papeis: agresor e víctima; por iso usan a violencia para non ser eles a víctima.

 Escola:
Cando escoitamos a un rapaz queixarse do seu profesor tendemos a pensar que é unha excusa por unha mala nota; isto pode ser un sinal de necesidade de mayor atención por parte dos profesores. Isto deriva de que o profesor ten alumnos que considera positivos ou negativos, e traballa máis cós positivos.

 Medios de comunicación:
Estes expóñennos continuamente á violencia, é tanto real como ficticia; e por iso son consideradas como unha das principias causas que orixina a violencia, xa que os rapaces interpretan todo o que ven, pero non ten porque presentarse en todos os nenos.



6. Vítimas:

Hai dous tipos:

- Vítima pasiva: É a que non ten amigos, apenas se comunica, e ten pouca popularidade. Adoita ser unha persoa insegura.

- Vítima activa: Adoita defenderse e provocar. Este papel é máis frecuente nos rapaces.



7. Agresores:

Algunhas das principias características son:

- Situación social negativa, sendo incluso rechazados por unha partedos seus compañeiros.

- Ausencia dunha relación afectiva por parte dos pais.

- Son violentos, abusan da forza ...

Os tipos de agresores divídense en:

- Agresor activo: Son os que inician e dirixen as agresións.

- Agresores pasivos: Son os que
seguen e animan as agresións.




Nuria Mª Álvarez Pazos, Yaiza Mª Rodríguez Cabaleiro, Melody Fernández Pérez.

A Xunta recurrirá a tecnología “wifi” para levar Internet a todos os colexios de Galicia

O goberno bipartito marcouse o obxectivo de que o final da lexislatura, no verán do 2009, os mil centros de ensinanza pública de primaria e secundaria de Galicia poidan dispoñer dunha conexión integral a Internet. Para isto, a Xunta recurrirá a tecnoloxía wifi (que permite o acceso sin necesidade de cables), para habilitar a conexión a Internet coa maior celeridade en aquellos centros que non teñen instalado o cableado. A Consellería de Educación utilizará a mesma tecnoloxía sen fios para poñen en marcha un proxecto nos centros de infantil e primaria e dotalos dunha rede intranet que permita o acceso dende todas as dependencias.
Na actualidade, os 1.000 centros galegos de primaria e secundaria dispoñen de cableado básico, polo que contan con acceso a Internet nos espacios administrativos, bibliotecas, aulas de informática e na sala de profesores. Pero, mentres o 80% dos centros de secundaria teñen cableado en todas as dependencias, nos de primaria a porcentaxe baixa ao 8%.
Estas iniciativas forman parte do programa de Educación para acelerar a dotación de equipos informáticos nas aulas e mellorar as infraestructuras de comunicación dos centros. Según o informe que a conselleira Laura Sánchez Piñón presentou onte o Consello da Xunto, o seu departamente se anticipa ao obxectivo previsto para finais deste curso de alcanzar unha relación de seis alumnos por ordenador nos centros públicos no curso 2005-2006. Emilio Pérez Touriño detallou fai uns dias, na roda de prensa que seguiu o Consello, que “Nesta semana están entrando nos centros escolares de Galicia os equipamentos que permitirán situar este ano o ratio en seis alumnos por ordenador”.
Para conseguir ese obxectivo, Educación invertu nos dous últime anos máis de 38 millóns de euros en equipamento infomático, servizos e infraestructuras. O presidente da Xunta precisou que ese desembolso permiti pasar en ese periódo dun parque de 32.000 ordenadores nos centros escolares a 58.000. En concreto, invirtiu 22,8 millóns na adquisición de equipos; 2,8 millóns na instalación de cableado nos centros; e 2,2 millóns anuais na prestación do servicio de redes de datos. Pola sua parte, a entidade pública estatal Red.es aportou 8,3 millóns de euros.
Educación preven invertir no próximo curso 9 millóns de euros máis en equipamento informático e audiovisual. Ese presuposto permitirá distribuir nos centros públicos novos encerados dixitais, videoproxectores, impresoras e ordenadores de mesa e portátiles.
Jacobo Álvarez 4ºD

Coplas de Maio

Somos un grupo
moi singular
imos facer coplas
do curso escolar

Marisa, Marisa
non para de mandar
se isto segue igual
¡todos imos tolear!

Nos có Cordobés
matamos as penas
xa que as súas clases
son moi amenas

É para nós
o mellor profesor
e sempre di
¡silencio, por favor!

Victor o orientador
¿quérelo atopar?
tranquila muller
terás que esperar

A súa roupa de Armani
faina peculiar
e a asignatura de Galego
non para de ensinar

Filla de escultor
estudou filosofía
e fálanos de sexo
durante todo o día

O seu lema favorito
non cesa de ensinar:
“os papeis has de reciclar
Para así o mundo salvar”

E as nosas coplas de maio
ata aquí chegaron
para o ano voltaremos
e máis os traeremos

viernes, 11 de abril de 2008

Escritores no Alexandre Bóveda

Domingo Villar xunto a nós



O pasado mércores 2 de abril, tivemos o pracer de contar coa presenza de Domingo Villar, un dos escritores contemporáneos que está tendo máis éxito nestes momentos na literatura galega.

Este vigués instalado en Madrid, veunos falar da súa obra: Ollos de auga, que é a súa primeira publicación novelística, porque despois de tantos obstáculos na súa traxectoria, segue mantendo o espírito de loita.

Na primeira parte da visita, Domingo Villar situounos na súa vida. Comezou pola súa infancia, na que xa mostraba interese pola lectura e pola escritura; e a medida que ía medrando, este ía aumentando, ata decatarse de que o que quería facer na súa vida era contar historias.

Traballou inicialmente no cine e na televisión como guionista, e participou nun proxecto teatral, que se veu abaixo polo atentado do 11-M. Pasou por unha situación económica bastante precaria, pero recuperouse grazas a Ollos de auga, unha novela policial transcorrida en Vigo.

Informounos de que está redactando unha nova novela, titulada A praia dos afogados, que non resumiremos xa que vos invitamos a introducirvos na súa pracenteira lectura.


Uxía Álvarez Vieitez y Aida Alonso Pérez 4ºD


Fran Alonso xunto a nos



O pasado día 14 de febreiro visitounos no instituto Fran Alonso, escritor do libro Cartas de amor. Empezou falándonos do seu relato “Zé volcán de amor”. Contounos que cando fora a Cabo Verde visitara moitos pobos e que todos eles tiñan como centro o volcán.
Falounos de que el quería subir ao volcán pero os expertos aconsellárono, por mor de ser asmático, que non subira debido a que o xofre podería afectarlle, entón, dando volvas pola vila, cando tódolos demais subiran ao volcán, encontrou a un señor que falaba co seu burro e ocorréuselle a idea de facer este relato. Pensou que se un paisano falaba co seu burro, porque non ía falar unha moza co volcán?
Contounos tamén varias anécdotas de cando fora ao Sáhara. Díxonos que alí fora onde experimentara verdadeiramente o silencio.
Despois os compañeiros e compañeiras do instituto comezaron a facerlle preguntas sobre as súas obras e sobre moitas anécdotas da súa vida.
Preguntáronlle tamén se estaba de acordo cos matrimonios homosexuais e el moi respectuoso contestou que non estaba de acordo cos matrimonios homosexuais se non que estaba de acordo con que tódolos seres humanos tiñan dereito a facer o que quixeran sempre e cando iso non prexudicara a ninguén.
Despois de moito falar e moitas preguntas a charla deste magnifico escritor rematou deixándonos un bo recordo e moitas cousas novas na nosa mente.

Alba Esteban Villa 4ºD

CELEBRACIÓN DO CENTENARIO DO HIMNO GALEGO

• HISTORIA DO HIMNO GALEGO:

O nacemento do noso himno, actual, deuse no ano 1890, aínda que a súa presentación á sociedade produciuse no 1907 no Teatro Nacional del Centro Gallego de La Habana (Cuba), como peche a un homenaxe ao compositor Pascual Veiga, o mesmo que lle puxo a música ao himno.

Antes de que este se aceptara oficialmente, houbo outras pezas que se chegaron a ter como himno nalgunha época. É o caso do Himno Galego, de Andrés Muruais e Felipe Paz Carvajal, ¡Galicia!, de Galo Salinas e Varela Silvari...

Aproveitando o seu momento de popularidade, Pascual Veiga proponlle ao Concello coruñés facer un concurso no que se premiará a mellor composición como himno galego. Un xurado especializado elixiu a peza do catalán Iván Gotós de entre as dez composicións que se presentaron en total ao concurso. A pesar de que esta foi elixida nunca chegou a ser interpretada nin recoñecida como himno galego.

Máis tarde, a que si foi interpretada foi a do propio Veiga que será proclamada como o himno de Galicia co nome Os pinos.

Unha das persoas que máis fixo polo recoñecemento da peza de Veiga (música) e Eduardo Pondal (letra), foi un emigrante ferrolán chamado Xosé Fontela Leal, xa que pediu a súa adoptación como himno, editou a composición e distribuíu a partitura por todo o mundo.

Dende aquela Os pinos comeza a interpretarse en Galicia de maneira habitual, como himno dende o ano 1913.


• CELEBRACIÓN DO CENTENARIO:

O día 8 de Decembro do 2007, o Goberno galego festexou o primeiro centenario do himno galego. Converteu esta celebración nunha homenaxe á emigración que tivo lugar no Teatro Nacional do Centro Gallego de La Habana, o mesmo lugar onde foi interpretado por primeira vez .

Acudiron importantes figuras como o presidnte da Xunta, Touriño, e o vicepresidente da República de Cuba. Destacaron os valores do himno como un símbolo que asume a diferencia lingüistica e cultural dos galegos. Tamén defenderon que a composición simboliza a unión de todos os galegos.

Expuxeron un discurso no que falaban da marcha de moitos galegos de Galicia, cara á illa de Cuba en busca dun futuro mellor, de centos de galegos que combateron na loita do pobo cubano para conseguir a súa independencia e aseguraron que as relacións entre España e Cuba son sempre respectuosas. Ademais comentaron o carácter histórico, de gran amizade e satisfacción que o evento tiña tanto para cubanos como para galegos.

Ademais do himno, xente da emigración de La Habana puxeron no teatro outros sinais de Galicia: a bandeira e a Real Academia Galega.

O acto puido contar con orquestras sinfónicas que puxeron a súa propia versión do himno galego.



HIMNO GALEGO:

¿ Que din os rumorosos,
na costa verdescente,
ao raio transparente
do plácido luar...?

¿ Que din as altas copas
de escuro arume harpado
co seu ben compasado,
monótono fungar...?

Do teu verdor cinxido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e vleroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
esperta do teu sono,
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden,
e con arroubo atenden
o noso rouco son;
máis só os ignorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros,
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das idades,
que as nosas vaguedades
cumprindo fin terán;
pois donde quer xigante,
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Melody Fernández Pérez 4º ESO D