viernes, 11 de abril de 2008

Escritores no Alexandre Bóveda

Domingo Villar xunto a nós



O pasado mércores 2 de abril, tivemos o pracer de contar coa presenza de Domingo Villar, un dos escritores contemporáneos que está tendo máis éxito nestes momentos na literatura galega.

Este vigués instalado en Madrid, veunos falar da súa obra: Ollos de auga, que é a súa primeira publicación novelística, porque despois de tantos obstáculos na súa traxectoria, segue mantendo o espírito de loita.

Na primeira parte da visita, Domingo Villar situounos na súa vida. Comezou pola súa infancia, na que xa mostraba interese pola lectura e pola escritura; e a medida que ía medrando, este ía aumentando, ata decatarse de que o que quería facer na súa vida era contar historias.

Traballou inicialmente no cine e na televisión como guionista, e participou nun proxecto teatral, que se veu abaixo polo atentado do 11-M. Pasou por unha situación económica bastante precaria, pero recuperouse grazas a Ollos de auga, unha novela policial transcorrida en Vigo.

Informounos de que está redactando unha nova novela, titulada A praia dos afogados, que non resumiremos xa que vos invitamos a introducirvos na súa pracenteira lectura.


Uxía Álvarez Vieitez y Aida Alonso Pérez 4ºD


Fran Alonso xunto a nos



O pasado día 14 de febreiro visitounos no instituto Fran Alonso, escritor do libro Cartas de amor. Empezou falándonos do seu relato “Zé volcán de amor”. Contounos que cando fora a Cabo Verde visitara moitos pobos e que todos eles tiñan como centro o volcán.
Falounos de que el quería subir ao volcán pero os expertos aconsellárono, por mor de ser asmático, que non subira debido a que o xofre podería afectarlle, entón, dando volvas pola vila, cando tódolos demais subiran ao volcán, encontrou a un señor que falaba co seu burro e ocorréuselle a idea de facer este relato. Pensou que se un paisano falaba co seu burro, porque non ía falar unha moza co volcán?
Contounos tamén varias anécdotas de cando fora ao Sáhara. Díxonos que alí fora onde experimentara verdadeiramente o silencio.
Despois os compañeiros e compañeiras do instituto comezaron a facerlle preguntas sobre as súas obras e sobre moitas anécdotas da súa vida.
Preguntáronlle tamén se estaba de acordo cos matrimonios homosexuais e el moi respectuoso contestou que non estaba de acordo cos matrimonios homosexuais se non que estaba de acordo con que tódolos seres humanos tiñan dereito a facer o que quixeran sempre e cando iso non prexudicara a ninguén.
Despois de moito falar e moitas preguntas a charla deste magnifico escritor rematou deixándonos un bo recordo e moitas cousas novas na nosa mente.

Alba Esteban Villa 4ºD

CELEBRACIÓN DO CENTENARIO DO HIMNO GALEGO

• HISTORIA DO HIMNO GALEGO:

O nacemento do noso himno, actual, deuse no ano 1890, aínda que a súa presentación á sociedade produciuse no 1907 no Teatro Nacional del Centro Gallego de La Habana (Cuba), como peche a un homenaxe ao compositor Pascual Veiga, o mesmo que lle puxo a música ao himno.

Antes de que este se aceptara oficialmente, houbo outras pezas que se chegaron a ter como himno nalgunha época. É o caso do Himno Galego, de Andrés Muruais e Felipe Paz Carvajal, ¡Galicia!, de Galo Salinas e Varela Silvari...

Aproveitando o seu momento de popularidade, Pascual Veiga proponlle ao Concello coruñés facer un concurso no que se premiará a mellor composición como himno galego. Un xurado especializado elixiu a peza do catalán Iván Gotós de entre as dez composicións que se presentaron en total ao concurso. A pesar de que esta foi elixida nunca chegou a ser interpretada nin recoñecida como himno galego.

Máis tarde, a que si foi interpretada foi a do propio Veiga que será proclamada como o himno de Galicia co nome Os pinos.

Unha das persoas que máis fixo polo recoñecemento da peza de Veiga (música) e Eduardo Pondal (letra), foi un emigrante ferrolán chamado Xosé Fontela Leal, xa que pediu a súa adoptación como himno, editou a composición e distribuíu a partitura por todo o mundo.

Dende aquela Os pinos comeza a interpretarse en Galicia de maneira habitual, como himno dende o ano 1913.


• CELEBRACIÓN DO CENTENARIO:

O día 8 de Decembro do 2007, o Goberno galego festexou o primeiro centenario do himno galego. Converteu esta celebración nunha homenaxe á emigración que tivo lugar no Teatro Nacional do Centro Gallego de La Habana, o mesmo lugar onde foi interpretado por primeira vez .

Acudiron importantes figuras como o presidnte da Xunta, Touriño, e o vicepresidente da República de Cuba. Destacaron os valores do himno como un símbolo que asume a diferencia lingüistica e cultural dos galegos. Tamén defenderon que a composición simboliza a unión de todos os galegos.

Expuxeron un discurso no que falaban da marcha de moitos galegos de Galicia, cara á illa de Cuba en busca dun futuro mellor, de centos de galegos que combateron na loita do pobo cubano para conseguir a súa independencia e aseguraron que as relacións entre España e Cuba son sempre respectuosas. Ademais comentaron o carácter histórico, de gran amizade e satisfacción que o evento tiña tanto para cubanos como para galegos.

Ademais do himno, xente da emigración de La Habana puxeron no teatro outros sinais de Galicia: a bandeira e a Real Academia Galega.

O acto puido contar con orquestras sinfónicas que puxeron a súa propia versión do himno galego.



HIMNO GALEGO:

¿ Que din os rumorosos,
na costa verdescente,
ao raio transparente
do plácido luar...?

¿ Que din as altas copas
de escuro arume harpado
co seu ben compasado,
monótono fungar...?

Do teu verdor cinxido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e vleroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
esperta do teu sono,
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden,
e con arroubo atenden
o noso rouco son;
máis só os ignorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros,
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das idades,
que as nosas vaguedades
cumprindo fin terán;
pois donde quer xigante,
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Melody Fernández Pérez 4º ESO D

viernes, 4 de abril de 2008

Relatos Colectivos

Relatos Colectivos

Cesario:

Cesario era un rapaz que tiña 12 anos. Vivía en Coia. Tiña o pelo curto e negro,o unhas orelliñas rematadas en punta e un nariz pequeniño e sempre moi colorado. Sempre ía co chandal do Madrid, xa que era fan número un de Raúl. Apasionáballe o fútbol e soñaba con chegar a xogar nun equipo de primeira división.
Un día Cesario foi mercar unhas botas de fútbol. Cando chegou á tenda, comezou a buscar as que el quería, e alí estaban... El, entusiasmado foi tocalas, cando de súpeto topouse con outra man. Era unha rapaza fermosa. Os dous colorados coma dous tomates comezaran a rir. Cesario presentouse e Apolonia tamén.
Os dous tiñan ganas de falar máis pero por vergoña non o fixeran. Cesario ao chegar a casa quitou as botas da caixa, e non paraba de miralas, xa que sempre que as vía recordaba o sorriso e a beleza de Apolonia.
O cabo de 7 ou 8 días Cesario foi á cafetería dos seus primos a tomar unha Coca-Cola. Foi buscala á barra e cando se deu a volta, chocou con alguén e tiroulla toda por riba. El comezou a desculparse e cando mirou para ver quen era quedou coma se vise unha pantasma: era Apolonia. El avergoñado polo sucedido invitouna a tomar algo e alí xurdiu o comezo dunha gran amizade e quen sabe se algo máis...

Personaxe:

Laura é unha rapaza que ten 10 anos, polo que se pode dicir que é bastante alta para a súa idade. Ten o pelo negro como o acibeche, o cal lle chega ata os ombreiros cun corte desaliñado e despeiteado. Os seus ollos son marróns, pequenos e situados moi preto do nariz. Estes están cubertos por unhas cellas moi espesas e tamén negras. É unha nena tímida e pouco sociable, que desfruta da soidade.
Orfa dende os dous anos, vivía cos seus avós. A Laura endexamais se lle viu con ningún amigo, sempre soa, soa. Adoitaba ir tódalas tardes ó parque, a ver xogar os demais nenos, e darlle de comer ás pombas. Pero dende semanas atrás, Laura comezou a cambiar. Ata que era noite pechada nunca regresaba a casa dos seus avós, e os seus avós comezaron a preocuparse. Seguírona durante varios días, e viron que sempre entraba nunha especie de cova que se adentraba nun tronco dunha árbore xigante, enorme. Ata que un día, os avós, tamén entraron nesa cova e un deles desvaneceuse cando viu o que alí había...