Relatos Colectivos
Cesario:
Cesario era un rapaz que tiña 12 anos. Vivía en Coia. Tiña o pelo curto e negro,o unhas orelliñas rematadas en punta e un nariz pequeniño e sempre moi colorado. Sempre ía co chandal do Madrid, xa que era fan número un de Raúl. Apasionáballe o fútbol e soñaba con chegar a xogar nun equipo de primeira división.
Un día Cesario foi mercar unhas botas de fútbol. Cando chegou á tenda, comezou a buscar as que el quería, e alí estaban... El, entusiasmado foi tocalas, cando de súpeto topouse con outra man. Era unha rapaza fermosa. Os dous colorados coma dous tomates comezaran a rir. Cesario presentouse e Apolonia tamén.
Os dous tiñan ganas de falar máis pero por vergoña non o fixeran. Cesario ao chegar a casa quitou as botas da caixa, e non paraba de miralas, xa que sempre que as vía recordaba o sorriso e a beleza de Apolonia.
O cabo de 7 ou 8 días Cesario foi á cafetería dos seus primos a tomar unha Coca-Cola. Foi buscala á barra e cando se deu a volta, chocou con alguén e tiroulla toda por riba. El comezou a desculparse e cando mirou para ver quen era quedou coma se vise unha pantasma: era Apolonia. El avergoñado polo sucedido invitouna a tomar algo e alí xurdiu o comezo dunha gran amizade e quen sabe se algo máis...
Personaxe:
Laura é unha rapaza que ten 10 anos, polo que se pode dicir que é bastante alta para a súa idade. Ten o pelo negro como o acibeche, o cal lle chega ata os ombreiros cun corte desaliñado e despeiteado. Os seus ollos son marróns, pequenos e situados moi preto do nariz. Estes están cubertos por unhas cellas moi espesas e tamén negras. É unha nena tímida e pouco sociable, que desfruta da soidade.
Orfa dende os dous anos, vivía cos seus avós. A Laura endexamais se lle viu con ningún amigo, sempre soa, soa. Adoitaba ir tódalas tardes ó parque, a ver xogar os demais nenos, e darlle de comer ás pombas. Pero dende semanas atrás, Laura comezou a cambiar. Ata que era noite pechada nunca regresaba a casa dos seus avós, e os seus avós comezaron a preocuparse. Seguírona durante varios días, e viron que sempre entraba nunha especie de cova que se adentraba nun tronco dunha árbore xigante, enorme. Ata que un día, os avós, tamén entraron nesa cova e un deles desvaneceuse cando viu o que alí había...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario