O MOUS
O mous é un animal un pouco estraño. É de cor prateada e negra, ten un só ollo verde e grande, e semella a varios animais:
Ten tronco de vaca, cara de pato cun só ollo, cornos e un rabo moi peludo.
Ainda que este animal non o pareza é moi cariñoso e traballador. Todas as noites que eu lle deixo enriba da mesa un pouco de pan, mentres durmo, colle as miñas libretas, e se ve que teño deberes, faimos. Vos preguntaderes como os fai, porque tendo corpo de vaca...xa me contarás.
Co seu grande ollo proxecta o que pensa en cada momento, sempre que el queira, polo tanto, contesta as preguntas na súa mente e logo as plasma no papel a través do seu ollo. É raro pero convén telo como unha gran axuda.
Non sei se seguirá vindo por moitas noites máis, pero eu, por se acaso, deixarei un anaco de pan na mesa antes de deitarme.
Noelia Duarte Iglesias
O BOCATRON
O bocatrón é un animal moi semellante a un rato. Este é moi rápido e non está quieto nin un segundo. O seu corpo é alongado có pelo curto e negro. Os seus ollos poden ver na escuridade. No seu fuciño posúe unha trompeta e polas noites vai de corte en corte, buscando o recuncho máis quente.
Nos lugares onde non atopa un lugar quentiño para pasar a noite utiliza a súa trompeta e esperta aos donos da casa, imitando algún dos sons doso animais que posúan. Para que non moleste nunha casa, abonda con ter as cortes limpas e quentiñas para que cando chegue esta a gusto.
Nuria Mª Álvarez Pazos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario