jueves, 22 de noviembre de 2007

Samaín

Orixe do samaín

Samaín (samhain en gaélico) significa "fin do verán" e celébrase o 31 de outubro. É unha antiga celebración de orixe celta en honor dos defuntos e que marca o comezo do novo ano.
Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas.
Os celtas eran politeistas e adoraban a moitos deuses que representaban tanto as forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con dseterminadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios.
Así pois, os pobos celtas de Europa, entre eles Galicia, Irlanda e en distintas zonas de Gran Bretaña os habitantes deses lugares esperaban o ano novo que para eles se iniciaba co cambio de estación, a colleita e os misterios entre a vida e a morte.
Os celtas crían que nesa noite a porta que separaba o mundo dos vivos e dos mortos desaparecía e que nesa data as almas dos mortos regresaban a visitar os fogares terrenais.

No hay comentarios: